Estimado/a asociado/a:
Comprácenos invitalo á Xornada Informativa: Promoción do VII Programa Marco e CIP para Pemes: Obradoiros e Lonxas de Ecoinnovación, que terá lugar o xoves, 24 de xuño, das 9:00 ás 15:00 horas, na sede de FEUGA.
Esta xornada está organizada polos socios en Galicia da Enterprise Europe Network (Centro de Innovación e Servizos de Galicia, Confederación de Empresarios de Galicia e Instituto Galego de Promoción Económica), no marco das súas actividades de promoción do VII Programa marco de I+D da Unión Europea, e pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), no cadro do proxecto EcoGaliciaVerde financiado polo programa Empregaverde da Fundación Biodiversidade (Fondo Social Europeo-Programa Operativo Adaptabilidade e Emprego 2007-2013) no que colabora a Obra Social Caixa Galicia.
O programa da sesión inclúe a participación de expertos con ampla experiencia no financiamento de proxectos da I+D+I e da contratación pública verde, quen achegarán aos empresarios de Galicia as oportunidades que ofrecen o VII Programa marco de I+D e o Programa de competitividade e innovación (CIP) nos ámbitos do medio ambiente e da ecoinnovación.
A asistencia a esta xornada é gratuíta (prazas limitadas), logo de enviar o formulario de inscrición que se xunta ao e-mail ovm@igape.es ou ao fax 981-54.11.11.
Por razóns operativas, pregámoslle confirmación de asistencia antes do martes 22 de xuño. Non dubide en poñerse en contacto con nós para calquera aclaración.
Co desexo de que a xornada lle resulte de interese, aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.
|